Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O director xeral do CDTI visita o CETIM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O director xeral do CDTI visita o CETIM

S. P.
Publicado: 14/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cdti_visita_cetim.jpgNa mañá deste 14 de xullo a sede do CETIM Technological Centre recibiu nas súas instalacións de Culleredo (A Coruña) a visita de José Moisés Martín Carretero, director xeral do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación (CDTI), quen tivo ocasión de coñecer de primeira man as principais investigacións que están a levar a cabo no centro tecnolóxico galego.
Na visita, o director xeral do CDTI tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as capacidades científico-técnicas do centro e os seus 10 laboratorios –Química, Bioprocesos, Augas, Microbiología, Analítica, Baterías, Construción Sostible, Polímeros, Industria Dixital e Cámaras Climáticas–, onde desenvolven as súas principais actividades de I+D ao redor da economía circular. Entre elas destacan o desenvolvemento de materiais avanzados lignocelulósicos, tecnoloxías e procesos biolóxicos e biotecnolóxicos para a extracción de materias primas críticas e a produción de gases renovables, procesos avanzados de tratamento de augas e recuperación de recursos, tecnoloxías de remediación ambiental, materiais poliméricos sostibles e a súa reciclaxe, materiais de almacenamento enerxético, construción sostible, así como solucións de rastrexabilidade, xemelgos virtuais e Intelixencia Artificial, entre outras.
cetim_visita.jpgPor parte de CETIM, Toni Pons, director xeral, puxo de relevo a “excelente colaboración que vimos mantendo durante estes anos entre ambas as entidades, destacando os máis de 90 proxectos de I+D financiados por programas CDTI nos que participa o noso centro e nos que formaron parte máis de 250 empresas”.
O CETIM acolleu tamén, no marco desta visita, unha sesión con 16 empresas punteiras de sectores estratéxicos (ENCE, FINSA, FerroGlobe, Hijos de Rivera, Técnicas Reunidas Valtalia, Navantia, Grupo Copo, Grupo Rodiñas, Intacta, Aqualia, EMALCSA, HI Iberia, Norvento, Aira e JEALSA), que expuxeron os principais desafíos aos que se enfrontan e as súas necesidades de investigación a Martín Carretero. Este, á súa vez, achegou a estratexia de I+D do CDTI, impulsando así sinerxías colaborativas entre sector público e privado.
José Moisés Martín Carretero destacou sobre a súa visita ao CETIM os “proxectos de alto nivel tecnolóxico, con capacidade de transformación do tecido produtivo e con capacidade de xerar novas oportunidades de emprego e de industrialización para o noso país”.
cetim_visita_cdti_14.07_4_.jpgO CETIM, como lembraremos, é un centro tecnolóxico privado, recoñecido polo Ministerio de Ciencia e Innovación, orientado a ofrecer servizos e a satisfacer as necesidades tecnolóxicas dos seus clientes e colaboradores, fomentando a innovación e a mellora da competitividade empresarial. Está especializado en aplicación de novas tecnoloxías, ofrecendo o seu coñecemento e servizos de maneira ransversal a todos os sectores para achegar valor engadido.
As súas tres principais áreas de investigación son: ECO BIO Tecnoloxías, Materiais Avanzados e Industria Dixital.
Actualmente, CETIM desenvolve máis de 80 proxectos de I+D, con máis de 280 clientes e colaboradores a nivel nacional e internacional. Estes proxectos supoñen unha mobilización en Investigación e Desenvolvemento de máis de 200 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?