Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ pon o foco na escritura persuasiva, na xeolocalización e na identidade de marca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ pon o foco na escritura persuasiva, na xeolocalización e na identidade de marca

S. P.
Publicado: 14/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 14 e o xoves 17 de xullo e afondarán en temas como o copywriting (escritura persuasiva), a identidade de marca, o aproveitamento das ferramentas de xeolocalización ou o cálculo da rendabilidade de aloxamentos turísticos.
Este luns 14 celebrarase o obradoiro telemático Copywriting para web e redes sociais, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Vigo. Os asistentes aprenderán as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da audiencia nestes medios dixitais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor de marca. Será impartido da man de María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas con  especialización en mercadotecnia dixital, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 15, ás 10:00 horas na oficina de Ponteareas, terá lugar o obradoiro presencial Canva dende cero para impulsar o teu negocio. Neste obradoiro práctico explorarase como utilizar esta aplicación para construír e organizar a identidade visual dunha marca dun xeito profesional e accesible para poder utilizala no material visual dun negocio. Estará a cargo de Lara Taboada, licenciada en Estudos Artísticos de Deseño Gráfico e especializada en composición fotográfica creativa. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
O mércores 16 celebrarase o obradoiro telemático Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Pontevedra. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer esta ferramenta enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade, que facilita o aproveitamento das posibilidades da xeolocalización e as procuras. Será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e da mercadotecnia dixital, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado pola Deputación.
Por último, o xoves 17 celebrarase o obradoiro presencial Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento ás 10:00 horas na oficina de Cambados. Nel, analizaranse os custos fixos e variables que unha propiedade debe ter en conta para calcular o seu punto de equilibrio. Exploraranse fórmulas para calcular a rendibilidade utilizando cifras da base de datos, facturas e reservas. Será impartido por Patricia Cabaleiro, graduada en Turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico, e as inscricións poden realizarse no formulario en rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?