Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As provincias de Lugo e Ourense incorporan o sistema de receitas electrónicas para 13.000 mutualistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As provincias de Lugo e Ourense incorporan o sistema de receitas electrónicas para 13.000 mutualistas

S. P.
Publicado: 15/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isabel_rodriguez_receitas_electronicas_mutualistas.jpgA subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, participou este 15 de xullo na posta en marcha da receita electrónica concertada de MUFACE na provincia, onde se realizou a primeira dispensación electrónica a un mutualista lucense adscrito á opción concertada. Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, oficiou a activación do mesmo servizo na provincia de Ourense. Ademais, tal e como sinalamos en Código Cero, María Rivas participou nunha presentación análoga na provincia da Coruña.
isabel_rodriguez_receitas_electronicas_mutualistas.jpgisabel_rodriguez_receitas_electronicas_mutualistas.jpg En Lugo
Isabel Rodríguez destacou que “este avance permite unha maior comodidade, seguridade e eficiencia para o persoal médico e farmacéutico, ao tempo que reforza o compromiso do Goberno coa modernización dos servizos sanitarios”.
No acto participaron tamén a directora do servizo provincial de MUFACE en Lugo, Noemí Fraga; o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez; representantes das entidades aseguradoras ADESLAS e ASISA, e o mutualista Manuel Pérez, quen recolleu a súa medicación como primeiro usuario do novo sistema.
Rodríguez lembrou que a implantación da e-receita concertada “evita desprazamentos ás consultas médicas, facilita o seguimento dos tratamentos e reduce a burocracia, garantindo ao mesmo tempo a rastrexabilidade e seguridade dos medicamentos”. Neste sentido, agradeceu a colaboración do Colexio de Farmacéuticos e de Médicos para facer posible esta iniciativa de MUFACE.
Este sistema, que xa funciona noutras comunidades como Asturias, Canarias, Navarra ou Murcia, permite ás persoas mutualistas de opción concertada obter as súas receitas de forma dixital tras seren prescritas polos facultativos das aseguradoras. Unha vez activada a receita, dispoñen de dez días para retirar o medicamento en farmacia, e no caso de tratamentos crónicos poderán recollelo mensualmente durante ata un ano.
En Lugo, beneficiaranse desta medida máis de 6.800 persoas, que a partir de agora poderán acceder á medicación coa mesma comodidade que o resto da poboación.
En Ourense
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, celebrou que os máis de 6.200 mutualistas de MUFACE que utilizan entidades médicas concertadas na provincia poden facer uso da receita electrónica desde este martes 15 de xullo. Fíxoo no acto de posta en marcha deste novo mecanismo, que tivo lugar nunha farmacia da cidade de Ourense. Asistiron tamén o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes; a secretaria provincial de MUFACE, Verónica Ventosela; a delegada de ADESLAS, Beatriz López, e a representante de ASISA, Mariló Tourón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?