Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 23.000 mutualistas da Coruña gozan das vantaxes da receita electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 23.000 mutualistas da Coruña gozan das vantaxes da receita electrónica

S. P.
Publicado: 15/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria_rivas_dixitalizacion_receitas_mutualistas.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou este 15 de xullo no acto de posta en marcha da receita electrónica concertada na provincia, que tivo lugar na farmacia Paula Briones da cidade herculina. Estivo acompañada por Natalia Álvarez, directora de MUFACE na Coruña; Sara Catrain, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña; e Luciano Vidán, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña.
Durante o acto, Rivas destacou que con esta implantación “damos un paso adiante na modernización do sistema sanitario” ao permitir que uns 23.000 mutualistas de ADESLAS e ASISA da provincia da Coruña poidan acceder aos seus tratamentos sen necesidade de utilizar o talonario en papel. A partir de agora, os médicos prescribirán as receitas de forma electrónica e os pacientes só terán que acudir á farmacia para recoller a medicación.
Este sistema, que se puxo en marcha por primeira vez en Cantabria en 2020, está xa operativo en comunidades como Asturias, Canarias, Estremadura, A Rioxa, Murcia, Navarra, Illes Balears, Castela-A Mancha e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Segundo salientou Rivas, “a receita electrónica garante un uso máis racional e seguro dos medicamentos, facilita o seguimento dos tratamentos por parte dos médicos, evita desprazamentos innecesarios e poderá empregarse en calquera das comunidades onde xa está implantada”.
A subdelegada agradeceu expresamente ao Colexio Oficial de Médicos e ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña o seu compromiso coa implantación do sistema. “Os médicos son peza clave: eles prescriben, valoran e acompañan. As farmacias, pola súa banda, achegan unha atención próxima, segura e profesional”, concluíu.
Tamén subliñou o traballo realizado por MUFACE no proceso de dixitalización que beneficia ás persoas de forma directa. “Esta iniciativa é un exemplo do que se pode conseguir cando administracións, profesionais sanitarios e colexios oficiais colaboran pensando no benestar da cidadanía”, rematou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?