Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Youtubeiras+ ofrece obradoiros de creación de contidos dixitais en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Youtubeiras+ ofrece obradoiros de creación de contidos dixitais en galego

S. P.
Publicado: 17/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250715-np-obradoiros-youtubeiras.jpg_1499453690.jpgO proxecto Youtubeiras+, impulsado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos galegos, das tres universidades do Sistema Universitario Galego (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e a Deputación da Coruña, promove unha nova edición dos seus obradoiros de creación de contido dixital en galego, orientados a centros educativos, docentes e público xeral.
Estes obradoiros, de carácter teórico-práctico, serán impartidos por persoas referentes no ámbito da creación de contido dixital en lingua galega como Nuria Espasandín e Sergio Casal, da canle Toxío, e Laura Veiga, da canle Pingando. A formación busca achegar ferramentas para fomentar a identidade dixital, a diferenciación na contorna virtual e a planificación estratéxica de contidos.
No caso dos centros educativos, os obradoiros dispoñen de dúas modalidades segundo o perfil do alumnado: unha sesión introdutoria de 50 minutos ou un formato ampliado de 100 minutos cun enfoque eminentemente práctico. Para o profesorado, os cursos céntranse na integración das redes sociais e a creación de contidos como recursos pedagóxicos. Pola súa banda, as sesións destinadas ao público xeral (que se realizarán en centros socioculturais, casas da mocidade ou asociacións veciñais) abordarán cuestións clave como a identidade dixital e a planificación de proxectos audiovisuais a medio e longo prazo.
As entidades interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa solicitude a través da web de Youtubeiras ou escribindo ao enderezo electrónico premios@youtubeiras.gal.
Convocatoria da IX edición dos Premios Youtubeiras+
A maiores, en setembro abrirase o prazo da IX edición dos Premios Youtubeiras+, un certame que recoñece a calidade e orixinalidade de contidos creados en galego en plataformas como YouTube ou TikTok. Nesta nova convocatoria manterase a dotación total de 7.500 euros e ampliaranse as categorías, que pasarán a ser sete. Na edición de 2024 participaron 89 canles, das que 49 procedían de YouTube e 40 de TikTok.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?