Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN abre o prazo para contratar 15 estudantes de doutoramento industrial en empresas e centros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN abre o prazo para contratar 15 estudantes de doutoramento industrial en empresas e centros tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 18/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250717coteloportomuinos4.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, visitou este 17 de xullo a sede da empresa Porto-Muíños, que aplica a innovación ao procesado e valorización de algas mariñas para desenvolver produtos alimentarios e ingredientes de alto valor engadido para sectores como o nutracéutico e o cosmético. Con motivo da convocatoria das axudas de Doutoramentos Industriais que se abren este sábado, Cotelo quixo coñecer o traballo do persoal desta empresa innovadora, no que se integra actualmente unha doutoranda.
Desde o 2023, a firma cercedense conta cunha estudante de doutoramento industrial para reforzar a súa capacidade de innovación e crear novos produtos de alto valor engadido. Esta investigadora está vencellada ao grupo de investigación Biomasa e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
A quinta edición do programa Doutoramentos Industriais vén dotado con máis de 2,6M€ para apoiar a contratación de 15 estudantes máis en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral. Este ano, como novidade, o orzamento increméntase case en 1M€ e a duración das axudas pasa de tres a catro anos, co obxectivo de reforzar a competitividade e o atractivo desta liña de apoio para a formación de persoal.
A directora da Axencia Galega de Innovación animou a que os interesados soliciten participar nesta liña de axudas, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o 18 de agosto. Este programa, como explicou Carmen Cotelo, “permite deseñar e realizar a tese doutoral nunha contorna empresarial, orientando o proxecto de investigación á resolución das necesidades e problemas dunha empresa ou centro tecnolóxico”, en colaboración coas universidades públicas galegas que se encargarán da formación investigadora da persoa doutoranda.
Deste xeito, sinalou, “os Doutoramentos Industriais favorecen a investigación colaborativa, o que posibilita a transferencia de coñecemento”. Ademais, “tamén posibilita a incorporación de persoal doutor ás empresas unha vez que remate a duración destas axudas, impulsando así a retención e atracción de talento investigador”.
Da primeira edición da convocatoria, máis da metade dos doutorandos continúan traballando na empresa, centro tecnolóxico ou universidade, engadiu.
Entre os requisitos para optar á convocatoria, os aspirantes deberán matricularse nun programa de doutoramento dunha universidade pública galega e ter unha persoa directora da tese vencellada ao programa. As axudas inclúen tanto os custos de contratación, gastos relacionados co proxecto no ámbito da empresa ou centro tecnolóxico e apoios para a realización de estadías de tres meses no estranxeiro como gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto e o custo da matrícula.
Balance das edicións anteriores
Desde a súa posta en marcha no 2021, os Doutoramentos Industriais permitiron contratar a 61 doutorandos en sete centros tecnolóxicos e 45 empresas cun orzamento de 7,5M€. En canto ás universidades, 34 estudantes están asociados á Universidade de Santiago de Compostela, 15 á Universidade de Vigo e 12 á Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?