Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xabarín.gal, protagonista do stand da TVG no Culturgal 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Xabarín.gal, protagonista do stand da TVG no Culturgal 2026

Redacción
Publicado: 26/11/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Xabarin.gal, a plataforma dixital da Televisión de Galicia dirixida ao público infantil e xuvenil, será a protagonista do espazo da TVG no Culturgal 2026, que se celebra do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os visitantes poderán coñecer os preto de 4.000 contidos que reúne o servizo, dispoñible para dispositivos iOS e Android.

O catálogo inclúe series e producións como Patrulla Canina, Os Bolechas, Shin Chan, Doraemon, Bibopalula e Sonic Boom, cunha ampla selección de contidos en galego.

A presenza da TVG na feira completarase coa presentación de dúas producións audiovisuais. O venres 27, ás 19:45 horas, será a quenda de Clínica Miranda, unha serie de ficción dirixida por Simón Casal e protagonizada por Lucía Regueiro, Adrián Castiñeiras e Luís Iglesia, entre outros intérpretes.

Ambientada na Pontevedra dos anos sesenta, a ficción sitúa a acción nun centro sanitario de prestixio que afronta unha profunda transformación coa chegada dun cirurxián formado en Nova York. A historia combina conflitos profesionais e sociais coa relación prohibida entre un cirurxián e unha enfermeira de orixe humilde e extraordinario talento. Outro SL produce a serie para a TVG coa participación de Crea SGR. A súa estrea está prevista para os próximos meses.

O sábado 28, ás 17:00 horas, presentarase Kiro, un documental dedicado á cantante galega Ana Kiro. Dirixido por María Yáñez, conta coa produción de Miramemira, Zuzú Cinema e Amorambre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

ideas_para_producir_cluster_cei.jpg
Audiovisual

Os retos da industria audiovisual galega, polo miúdo este xoves no I+P Ideas para Producir

24/11/2026
Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?