25 novos centros sumaranse ao programa de libro electrónico E-Dixgal
martes, 28 de febreiro do 2023
A Xunta de
Galicia vén de abrir o prazo para incorporar
25 novos centros ao proxecto de educación dixital E-Dixgal, a través dos
que se pon a disposición de centros e alumnado ultraportátiles con acceso a
libros e materiais dixitais cos que desenvolver o seu proxecto curricular. Esta
iniciativa da ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades e a AMTEGA
chega este curso a máis de 60.000 alumnos desde 5º de Primaria a 4º da ESO de
600 centros educativos de toda Galicia. Colaboran na súa implantación 10.000
docentes.
O prazo de
presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2023 e os
centros interesados poderán pedir tanto ampliar etapa (por exemplo un centro
público integrado que desenvolva o programa en Primaria pode tamén pedilo para
ESO) como incorporarse ao programa.
No caso dos
centros que se incorporen na etapa de Primaria, deberán impartir todas as áreas
en modalidade dixital. Os que se incorporen en ESO, todo o alumnado deberá
recibir un mÃnimo de seis materias en modalidade dixital a elección do centro,
segundo o curso e tendo en conta que para este cómputo non se terán en conta as
materias con só unha sesión lectiva á semana nin a de libre disposición de
centro.
Os centros de
nova incorporación manterán o programa durante catro cursos académicos, unha
vez completada a implantación do proxecto na etapa correspondente, polo que a
súa participación se prorroga de xeito automático. No caso dos centros que
rematen a súa permanencia, renovarán este compromiso de forma automática, sen
ter que facer unha nova solicitude, durante catro cursos académicos
consecutivos máis, salvo renuncia expresa por parte do Claustro e do Consello
Escolar.
Contidos e materiais
O profesorado e
alumnado dos centros implicados desenvolve a súa actividade educativa diaria
nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos
dixitais. De igual xeito, os centros teñen á súa disposición o repositorio de
contidos educativos dixitais do espazoAbalar, con máis de 2.500 recursos
educativos dixitais complementarios en sete idiomas. A maiores, o profesorado
pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais.
Con estes
recursos, os docentes poden elaborar a súa propia mochila dixital seleccionando
a través da plataforma dixital os contidos formativos e incorporando os
complementarios que desexen, asà como outros de elaboración propia.
