Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un software de precisión para viñedos, gañador do premio de emprendemento Yuzz UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un software de precisión para viñedos, gañador do premio de emprendemento Yuzz UDC

Redacción
Publicado: 29/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Adrián Rodríguez explicando en YouTube os obxectivos da súa ferramenta software
Adrián Rodríguez explicando en YouTube os obxectivos da súa ferramenta software
O premio de emprendemento Santander Yuzz UDC vén de recoñecer unha iniciativa galega dirixida a botar unha man no sector vitivinícola. Máis polo miúdo, trátase dun proxecto para dar forma a un software de agricultura de precisión orientado aos viñedos. O proxecto, chamado oSIGris, vén da man dos novos investigadores José Senande e Adrián Rodríguez, quen, grazas a este recoñecemento, acadaron unha praza para viaxar a Silicon Valley, en San Francisco, xunto a outros 51 emprendedores do programa Santander Yuzz (impulsado polo Banco Santander a través de Santander Universidades, coa coordinación do CISE e o apoio da Universidade da Coruña e, no caso galego, tamén pola Universidade de Santiago).
O xurado seleccionou o proxecto de José Senande e Adrián Rodríguez como o mellor do centro Yuzz Universidade da Coruña. Segundo nos conta a UDC, neste espazo estiveron a recibiron formación e asesoramento, nos últimos cinco meses, un total de 18 estudantes.
O proxecto oSIGris é un software moi acaído para adegas con viñedos que permite ao usuario organizar e xestionar a súas viñas dunha maneira máis cómoda e eficiente coa finalidade de mellorar o rendemento e abaratar custes, logrando un control máis exhaustivo tanto nas características das parcelas, liñas ou cepas, como dos traballadores.
Ademais, a iniciativa Eureque, un proxecto sobre a localización máis próxima de produtos téxtiles creado por Paula Río xunto con Pablo Barrio, foi seleccionado como finalista para o premio Yuzz Muller que patrocina a Fundación EY, dotado con 20.000 euros, mentres que Elevador non stop, unha startup encamiñada a comercializar unha patente para control de parada de ascensores impulsada por Kevin Martín, resultou finalista na categoría innovación tecnoloxía disruptiva que impulsa Indra, dotada con 3.000 euros e co apoio e asesoramento dos profesionais de Indraventures.
Oportunidades en Silicon Valley
A viaxe dunha semana a Silicon Valley inclúe visitas a empresas como Google, LinkedIn ou Facebook e conferencias en prestixiosas universidades como Berkeley ou Standford. Os 52 yuzzers gañadores tamén visitarán o Spain Tech Center (STC), impulsado por Banco Santander, ICEX e Red.es, cuxa meta é facilitar a implantación de PEME de alicerce tecnolóxico do ámbito estatal no que nas súas palabras é “unha das contornas máis dinámicas e competitivas do mundo”.
Tras a viaxe, os 52 estudantes asistirán á final nacional dos premios Santander Yuzz 2017 que se celebra na Cidade Grupo Santander de Boadilla del Monte. Un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE e entidades colaboradoras seleccionarán aos tres mellores emprendedores, que recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar os seus proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?