Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mundos Digitales despediuse coa súa tradicional entrega de premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mundos Digitales despediuse coa súa tradicional entrega de premios

Redacción
Publicado: 10/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mundos_ministerio.jpgA edición número 16 de Mundos Digitales pechou as súas portas o pasado sábado na Coruña con récord de actividades e de asistentes durante os tres días de programación, máis de 20 empresas presentes na Feira de Emprego e interesantes relatorios de expertos de sona internacional.
A última xornada abriu cunha conferencia de Javier García-Lajara, de Future Lighthouse que amosou en primicia material do novo proxecto de realidade virtual para a serie de TVE El Ministerio del Tiempo no que o usuario terá a posibilidade de camiñar e interactuar con obxectos e personaxes da serie. Actualmente, Future Lighthouse atópase finalizando o proceso de captura e adaptación das contornas reais da serie para o seu uso nun motor de 3D en tempo real, onde o espectador poderá con dous escenarios reais da serie.
mundos_guardianes.jpgA programación da tarde continuou con dúas das conferencias máis esperadas polos asistentes. Adrian Corsei, máximo responsable e supervisor de VFX de Trixter, detallou o traballo do potente estudo alemán durante máis dun ano e medio para a segunda entrega de Guardianes de la Galaxia. Trixter completou máis de 330 planos para a versión final da película, cubrindo toda a gama de efectos desde pantalla azul clásica a imaxes complexas xeradas por computador. Inmediatamente despois, Javier Verdugo, xefe do departamento de 3D de Glassworks Barcelona, que elaborou dous contos animados para Un monstro viene a verme, a película de J. A. Bayona, que axudan a explicar episodios da realidade difíciles de contar a través da narrativa tradicional e cun tratamento pictórico e narrativo espectacular.
md2017_premiados.jpgA xornada pechou coa cerimonia de entrega de premios do Festival Internacional de Animación. O xurado formado por David Míguez Blanco, de Ilion Animation Studios; Julio del Río, de MPC; Antonio Sanjuan, da Universidade da Coruña e o director de animación Alberto Vázquez outorgaron o premio á mellor curtametraxe de animación a Garden Party, da produtora francesa MoPa, que relata as aventuras de dúas ras nunha casa deshabitada. O galardón para a mellor curta nacional e o premio especial foron para Afterwork, dirixida por Luís Usón e producida por Matte Graphics, unha comedia na que o seu protagonista, Groompy, sofre os desgustos da rutina laboral. No acto de clausura entregouse así mesmo o Premio Especial Mundos Dixitais 2017 a Víctor Ceruelo, un profesional que leva máis de 20 anos traballando no sector dixital, desde o lado da distribución de hardware e software para os estudos. Máis aló deste labor, Víctor Ceruelo é unha persoa que se involucra cos proxectos coma se fosen, en parte, seus e que sempre está a buscar oportunidades para crear comunidade, xuntar a persoas e profesionais de distintas empresas para que compartan os seus retos e solucións, e apoiando activamente aos eventos do sector como Mundos Digitales.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?