Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha plataforma tecnolóxica única para as lonxas ao abeiro do Programa Primare
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha plataforma tecnolóxica única para as lonxas ao abeiro do Programa Primare

Redacción
Publicado: 13/10/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20161027-presentacion-primare.jpgO Programa Primare da Xunta, dirixido a modernizar os nosos sectores tradicionais, vén de achegar unha serie de novidades importantes para os ámbitos da pesca e o agro. No eido mariño, as novidades materialízanse no fornecemento de procesos dixitais para as lonxas. Segundo informa a Xunta, ata 35 lonxas poderán beneficiarse de melloras tecnolóxicas nas súas instalacións, “que permitirán unha xestión máis eficiente da súa actividade, sobre todo en materia de comercialización, rastrexabilidade e seguridade alimentaria” e tamén en aspectos relacionados coa xestión económica. É unha das actuacións previstas no Programa Primare da Xunta, que impulsa a AMTEGA en colaboración coas Consellerías do Mar e do Medio Rural.
A modernización das lonxas desenvolverase a través de dúas liñas de actuación. Por unha banda, melloraranse tanto as infraestruturas como o equipamento tecnolóxico e, pola outra, porase a disposición das lonxas unha plataforma tecnolóxica única, que integrará os sistemas de xestión, comercialización, e emisión de notas de venda, informatizando a xestión duns procesos que ata o de agora se viñan realizando de maneira manual e illada. “Esta medida”, explica a axencia que dirixe Mar Pereira, “redundará nunha axilización destes procedementos, posibilitará as poxas en liña, e mellorará a comercialización”. E engade: “As lonxas poderán sumarse á renovación, de maneira totalmente voluntaria, a través da Consellería do Mar”.
O proxecto de modernización, que está en fase de licitación, abrangue a modernización da infraestrutura tecnolóxica das lonxas, melloras nos sistemas de xestión (con servizos que faciliten as xestións da actividade da lonxa: contabilidade, cobros e pagos, relación coa administración, comercialización, subministración, prestación de servizos, …) e de comercialización (de xestión das capturas descargadas, clasificación, pesada, poxa e a emisión dos documentos precisos para a súa venda e comercialización, …).
Ademais, con estas accións de modernización, mellorarase a xestión das lonxas en todo o que ten que ver coa comercialización, a rastrexabilidade e a seguridade alimentaria. Asemade, contribuirase a aumentar a eficiencia e a seguridade e a mellora das condicións de traballo.
Para levar a cabo estas actuacións nas lonxas, a Consellería do Mar investirá máis de 3,8 millóns de euros que se distribuirán nas anualidades 2016, 2017, 2018 e 2019. Esta cantidade será co-financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
lw-farming-ipad.jpg No campo, o Programa Primare investirá preto de 3,5 millóns de euros no desenvolvemento de tres solucións tecnolóxicas, que non existían no mercado, para ofrecer servizos de valor engadido para mellorar a competitividade deste ámbito. A previsión é adxudicar a comezos do 2018 os tres proxectos. A partir dese momento as empresas terán de prazo un ano para crear as tres soluciones que conformarán un sistema global para a xestión do campo, que se comezará a probar en xuño de 2019.
A primeira das solucións permitirá a xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental de maneira xeorreferenciada (algo preciso para o control da actividade agraria) que integrará os datos capturados mediante sensores transportados por UAV (vehículos aéreos non tripulados) ou outros dispositivos tecnolóxicos. Este sistema permitirá obter imaxes das parcelas con calidade de abondo para o seu posterior tratamento, así como datos relativos á xestión dos cultivos como poden ser a altura do terreo, a altura do cultivo ou grao de humidade.
Para transformar estes datos en información útil, crearase unha plataforma de procesado de información de parcelas agrarias, que permitirá obter mapas xeográficos, nos que identificar as parcelas, a súa morfoloxía topográfica, mesmo os cultivos e outros datos obtidos a través dos sensores. Toda esta información estará almacenada nunha plataforma con capacidade para explotala de forma útil, tanto por parte da Administración como dos axentes do sector primario.
A terceira solución prevista centrarase no deseño e posta en funcionamento dun sistema intelixente para automatizar os traballos sobre o terreo e a toma de decisións asociadas ás axudas europeas en Galicia. En base á información obtida coas solucións anteriores, este sistema permitirá axudar a determinar os tipos de parcelas e que os técnicos poidan tomar decisións sen trasladarse sempre fisicamente á parcela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?