Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carmela Silva enxalza en Vigo o potencial de capacitación tecnolóxica de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carmela Silva enxalza en Vigo o potencial de capacitación tecnolóxica de SmartPEME

Redacción
Publicado: 20/11/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpemevigo.jpgO programa SmartPEME, impulsado pola Deputación de Pontevedra para capacitar dixitalmente aos autónomos, PEME e traballadores da provincia (a través dun intensivo programa de actividades desenvolvidas dende as sedes de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, en colaboración estreita cos concellos), segue a subir novos chanzos en materia de participación e de implicación. Así o lembrou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, quen comezaron este 20 de novembro en Vigo unha xira polas diferentes sedes operativas de SmartPEME, as seis devanditas. Segundo recordou, o programa está a obter na devandita cidade “uns resultados espectaculares”. E engadiu: “No que levamos de 2017, realizáronse 194 asesoramentos TIC, fronte aos 86 do ano pasado”, o que representa, dixo, “un incremento moi notable”, de arredor do 12%.
Tamén salientou o feito de que se chegase, grazas ás actividades de formación TIC desenvolvidas polos técnicos de SmartPEME, a un total de 62 empresas. En termos de porcentaxe, esta cifra achega un incremento do 7% respecto ás 58 empresas do ano pasado. Ademais, engadiu, “creáronse 48 novas contas e realizáronse 56 obradoiros aos que asistiron 474 persoas, estamos chegando a un número moi importante de persoas”.
Carmela Silva enxalzou o empuxe innovador e emprendedor de Vigo e a súa contorna, cunha alta taxa de iniciativas postas en marcha e lideradas por mulleres, “o que fala de que cando temos unha estrutura que nos permita ter oportunidades e damos pasos cara a adiante, con todas as dificultades que temos, acadamos o éxito”. De feito, na visita ás instalacións de Vigo, a presidenta provincial estivo acompañada por Ana, unha deseñadora de interiores do Porriño cuxo proxecto de mercado representa, en palabras da Deputación, un claro exemplo de éxito acadado co apoio de SmartPEME, ao abeiro do cal acadou asesoramento para crear unha páxina web e para mellorar a vertente visual da súa iniciativa.
Carmela Silva sinalou que, “fronte a proxectos anteriores que puideron ter algunhas destas empresas e que foron realizados por empresas externas, unha das cuestións máis relevantes de SmartPEME é que é un servizo público, que polo tanto non busca beneficio propio”. E engadiu: “Os nosos instrumentos están adicados unicamente a que se beneficien as empresas”, lembrando que a previsión é ir engadindo, ao abeiro de SmartPEME e seguindo o ronsel da actividade xerada no que vai de 2017, “moitas novas accións”.
Igualmente fixo un repaso polos resultados de SmartPEME na provincia: en 2017 realizáronse 1.217 asesoramentos TIC, fronte aos algo menos de 1.100 do ano pasado (un incremento do 12%) e realizáronse 273 obradoiros (un 4% máis que no período anterior) aos que asistiron 1.936 persoas (un 13% que en 2016).
O proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?