Os drons, en materia de resposta ante incidencias (operacións de rescate, localización de lumes, salvamento, achado de persoas extraviadas), teñen un amplo potencial de efectividade ao incrementar a nosa capacidade de ver, ouvir, atopar e xerar información de campo. Co fin de seguir tirando o máximo proveito destes aparellos, e descubrir todo o seu potencial, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) vén de adquirir unha nova nave non tripulada de última xeración, desenvolvida polo fabricante DJI. Con esta incorporación fortalécese a operativa da Unidade Operativa de Drons (UOD), tanto a nivel Estatal como da Unión Europea a través da EENA (Asociación Europea do número único de Emerxencias).
Entre as características máis salientables do dron atopan as seguintes: conta con certificación IP-43; sensores antichoque de varrido 360 graos; dobre Gimbal con posicionamento variable; zoom óptico de vídeo de 30x; termografía con obxectivo de 19mm; ou batería calefactada con posibilidade de voo con baixas temperaturas. Ademais, a aeronave adáptase plenamente aos requirimentos da nova normativa neste eido e amplía a súa operatividade ao poder voar con chuvia e baixas temperaturas.
Balance de 2017
A UOD da AXEGA vén de prestar durante o ano 2017 un total de 20 servizos, a maioría en colaboración coas forzas e corpos de seguridade na busca de persoas desaparecidas, aínda que tamén en dispositivos de carácter preventivo, divulgativo-formativo e como ferramenta de autoprotección do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, integrándose no dispositivo de seguridade do continxente galego desprazado a Portugal a raíz da vaga de lumes forestais, a fin da detección de eventuais atrancos nas estradas por arbores/obstáculos que dificultaran o desprazamento dos vehículos de grandes dimensións mobilizados.
AXEGA fortalece o seu equipamento cun dron operativo en condicións extremas
Compartir Este Artigo

