Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo combate a exclusión laboral con community managers , mecánicos e expertos en mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo combate a exclusión laboral con community managers , mecánicos e expertos en mercadotecnia

Redacción
Publicado: 15/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ben_empregado_deputacion_de_lugo.jpgO presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, comprobou hoxe de primeira man a pegada social e laboral que deixa o programa da entidade provincial para favorecer a contratación na provincia, abranguendo tamén colectivos en risco: o programa Ben Empregado. Máis polo miúdo, mantivo este luns unha xuntanza con tres persoas beneficiarias desta iniciativa (terceira edición), tres novos traballadores que retomaron o fío da actividade laboral en dúas entidades de Cospeito, contando coa colaboración das entidades COGAMI e FADAS co fin de promover a súa inserción.
Segundo lembrou no encontro Darío Campos, a día de hoxe un total de 28 lucenses con capacidades diversas ou en risco de exclusión están a traballar xa en empresas da provincia. Tamén recordou que Ben Empregado é un programa que favorece a contratación co financiamento, por parte da Deputación, do cen por cen cos custes laborais dos novos traballadores en establecementos de autónomos e PEMES da provincia. Co temos sinalado en repetidas ocasións, moitas destas ocupacións teñen relación directa coas novas tecnoloxías da información. Sen ir máis lonxe, unha das profesionais que participou na visita de Darío Campos traballa de responsable de comunicación web e redes sociais (community manager).
ben_empregado_deputacion_de_lugo_2.jpgNa cita, amais do presidente da Deputación, participou a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo. Estiveron acompañados polos representantes das empresas contratadoras, o deputado da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, así como de membros de COGAMI e FADAS (que se encargan do Servizo de Intermediación Laboral do Ben Empregado).
Campos Conde salientou que “coa terceira edición do Ben Empregado ofrecemos por vez primeira financiar na súa totalidade os custos laborais de lucenses desempregados de colectivos vulnerables dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e máis social, que traballa pola igualdade de oportunidades”. Respecto dos bos resultados que están a acadar as diferentes edicións da iniciativa, engadiu que “é unha satisfacción comprobar que somos útiles e capaces de romper calquera tipo de barreira con compromiso e sumando esforzos”.
ben_empregado_deputacion_de_lugo.jpg.jpg Como dixemos, entre as persoas que participou hoxe na xuntanza atopábase unha experta en redes e comunicación dixital: Raquel, veciña de Castro de Rei, que traballa como comunity manager na casa rural Pazo de Verdes, en Cospeito, xestionando as redes sociais e a páxina web deste establecemento. Na visita tamén participaron Francisco, veciño de Lugo de 48 anos, que tamén traballa en Pazo de Verdes, realizando as funcións de xardinería, mantemento e carpintería; e Gonzalo, natural de Cospeito e de 50 anos, que traballa grazas a Ben Empregado en Saiga Muimenta, unha empresa de Cospeito adicada ao comercio ao por maior de maquinaria para o sector agroalimentario, á reparación desta maquinaria nos seus talleres e á venda de recambios.
Darío Campos engadiu que son un total de 28 os lucenses de colectivos vulnerables que estaban no paro e hoxe están a traballar en empresas da provincia grazas ao Ben Empregado 3 da Deputación: 1 traballa nunha empresa da Mariña, 12 da Terra Chá, 11 da Comarca de Lugo, 1 da Comarca de Sarria, 1 da Montaña e 2 de Lemos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?