Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Docuten leva os seus servizos dixitais a Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Docuten leva os seus servizos dixitais a Europa

Redacción
Publicado: 26/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

docuten.jpgDocuten, a marca da firma galega Enxendra Technologies, vén de dar o chimpo cara ao mercado internacional. E faino logo da súa salientable andaina no mercado español, achegando servizos TIC avanzados a compañías do talle de Desigual ou o Grupo Planeta. Segundo puidemos saber, a firma Docuten estreou presenza en Reino Unido, Alemaña, Francia e Polonia, que son os primeiros países nos que ofertará os seus servizos dixitais. Docuten, que quere a actividade internacional supoña o terzo da súa facturación ao cabo de tres anos, desenvolverá o seu labor cos socios locais nos ditos mercados.
A finalidade da empresa coruñesa é crear unha marca afianzada que fortaleza o traballo realizado nestes anos (dende os comezos en 2009) e continuar o seu proceso de espallamento. Tamén anunciou que en datas vindeiras lanzará ao mercado un servizo que integra facturación e sinatura electrónica. Ao abeiro desta fase de expansión internacional, Docuten ten o obxectivo de integrarse no proxecto PEPPOL (Pan-European Public Procurement Online) un estándar europeo cunha plataforma de seu destinada a garantir a total interoperabilidade entre servizos electrónicos de aprovisionamento e facturación (e-Invoicing). A compañía pechou 2017 duplicando a facturación do ano anterior.
Que é Docuten?
Docuten, en palabras dos seus impulsores, é a primeira plataforma que agrupa o servizo de facturación electrónica, sinatura dixital e xestión en liña de toda a documentación dunha entidade. Ademais, na parte que inclúe a facturación electrónica, Docuten intégrase cos puntos xerais de entrada de facturas nas administracións públicas españolas máis importantes, permitindo o envío no formato Facturae. Por outra banda, o servizo de sinatura dixital permite asinar contratos e outros documentos con pleno valor legal a través da web e do móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?