
Por outra banda, AMTEGA tamén informa que as infraestruturas precisas para a posta en marcha da rede serán infraestruturas sustentables. De feito, a nova rede despregarase tirando proveito do equipamento de RETEGAL. Nesta primeira fase instalaranse cámaras en 34 centros de telecomunicacións do operador público, que facilitarán cobertura visual de 1,4 millóns de hectáreas, segundo informa a axencia preto da metade do territorio galego
Os obxectivos principais da rede nesta primeira fase son “a vixilancia remota e servir de apoio na extinción de incendios”. A rede terá capacidade para detectar lumes e para fornecer aos técnicos de datos visuais en directo sobre o avance do incendio e das súas condicións, subministrando a posición exacta da contorna visualizada en cada intre. A intención, con todos estes servizos, é facilitar o máximo a toma de decisións arredor dun lume forestal e dos xeitos de controlalo e de exintiguilo.
A rede xestionarase a través dunha plataforma tecnolóxica que facilitará a vixilancia remota dos montes desde un centro de control as 24 horas do día e permitirá aos axentes e técnicos forestais o acceso en tempo real ás imaxes, incluso a través de dispositivos móbiles. A posta en marcha e o mantemento da conta cun investimento de 2.026.000 euros ata 2022.
Nunha segunda fase, e en base ás necesidades detectadas polos equipos forestais, definirase a ampliación da cobertura da rede. Por outra banda, está previsto abrir unha consulta pública ao mercado para analizar a posibilidade de incorporar tecnoloxías innovadoras que melloren a eficacia do dispositivo ou permitan avanzar na detección temperá de lumes.
En maio estará operativa a primeira fase da rede dixital de vixilancia forestal
Compartir Este Artigo

