Dende hai bastantes semanas está a falarse dunha nova funcionalidade que estaba a ultimar a súa chegada a WhatsApp, e que finalmente xa está dispoñible para os usuarios que teñan instalada a última versión da súa beta para Android: a posibilidade de gravar notas de audio sen manter pulsado o botón do micrófono.
Até agora, cando queriamos gravar unha nota de audio, debiamos premer o botón de gravación durante todo o tempo no que esteamos a falar, o que podía resultar incómodo para mensaxes de certa duración, e para facer que este proceso sexa máis agradable agora está a activarse a posibilidade que, cando premamos a tecla de gravación, podamos deslizar o dedo cara arriba para bloquear o botón de gravación, de xeito que podemos separar o dedo da pantalla e premer o botón de parar cando rematemos a nosa gravación sonora.
Se queremos gozar das betas de WhatsApp podemos inscribirnos ao seu programa de probas da súa aplicación para Android.
Cómpre lembrar que a posibilidade de bloquear o botón de gravación en WhatsApp xa leva tempo dispoñible oficialmente na aplicación para iOS.
Por fin podemos gravar mensaxes de voz en WhatsApp sen manter o dedo sobre a pantalla
Compartir Este Artigo
