Skype non só leva sendo un referente para a realización de videoconfrencias a través do ordenador, senón que tamén converteuse nunha ferramenta moi práctica para medios de comunicación e creadores de contido para a realización de entrevistas, conexións en directo ou gravación de podcasts, aínda que a aplicación non se deseñara para tal finalidade, pero finalmente Microsoft decidiu que a creación de contidos pasará a estar na cerna da aplicación de Skype para escritorios.
Polo momento temos unha versión preliminar de Skype for Content Creators, deseñada para que abrir novas posibilidades a usuarios de todo o mundo que queiran gravar vídeo, podcasts ou realizar retransmisións en vivo, sen ter que investir en caro equipamento de estudio. Esta aplicación para Widnows 10 e macOS permitirá selecciónar un modo de creación de contido para poder gardar as comunicacións de Skype directamente a software con tecnoloxía NDI (Network Device Interface) como Wirecast, Xsplit e Vmix, e, unha vez gravada a conversa será posible importala de xeito doado en aplicacións como Adobe Premire Pro ou Adobe Audition para a súa edición. Os usuarios tamén poderán personalizar a aparencia da conversa de Skype, para que poida inserirse nunha retransmisión en directo dun xeito axeitado.
Ao non ser preciso empregar hardware de captura, Skype convértese nunha solución moi atractiva para a creación de contido colaborativo de audio e vídeo, podendo retransmitirse en directo unha videoconferencia a través de distintas plataformas con só un par de pasos.
O lanzamento oficial de Skype for Content Creators para Windows 10 e macOS está previsto para o vindeiro verán.
Skype facilitará as retransmisións en directo e a gravación de vídeo e podcasts
Compartir Este Artigo
