Durante bastantes anos o grande referente para a publicación de fotografías na web era Flickr, servizo que perdeu moito pulo tras seres adquirido por Yahoo! hai trece anos, e que rematou converténdose en irrelevante para o grande público, de aí que non sorprenda que Verizon, actual propietaria de Yahoo!, decidise desprenderse de Flickr, vendendo o servizo a SmugMug para construír o que aseguran que sería «a comunidade centrada nos fotógrafos de maior influencia do mundo».
Para SmugMug pode ser interesante aproveitar que Flickr conta con máis dun cento de millóns de usuarios que publicaron milleiros de millóns de fotografías, mentres que para os propios usuarios o cambio de mans da plataforma é unha nova magnífica, xa que Yahoo! confirmou non saber manexar Flickr en todos estes anos, deixando que un produto estrela esmorecese (principalmente por non saber adaptarse ao actual contorno móbil).
Flickr cambia de donos
Compartir Este Artigo
