
No transcurso destas actividades, o presidente da Deputación, Manuel Baltar visitou o pavillón acompañado polo director xeral da operadora R (patrocinadora do evento), Alfredo Ramos; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, e polos organizadores da cita.
De maneira complementaria, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, celebrouse a actividade ICC Kids, unha acción enfocada a crianzas e xuventude que que contou coa participación dos youtubeiros @Chincheto77 e @Tonacho, quen explicaron como fixeron da súa paixón a súa profesión.
Previamente a estas citas, no Liceo, desenvolveuse a conferencia A traxectoria dunha muller creativa, a cargo da directora e guionista de cine, Gracia Querejeta, e máis unha xornada adicada a sectores emerxentes e ás TIC, no mosteiro de san Clodio, en Leiro, baixo o título Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento. As mulleres tech, que contou coa presenza da directora de Imaxin Software, Luz Castro; a enxeñeira e deseñadora gráfica, Cynthia Gálvez; e a avogada e policy manager, Sara Rodríguez; quen falaron das tendencias de máxima actualidade como son a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, o mundo do software e a gamificación e a economía colaborativa.
A xuntanza ICC Gamers contou coa participación de 500 inscritos
Compartir Este Artigo

