AGEINCO, a Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos, e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organizan hoxe en Pontevedra (na sede do ISSGA) unha xornada técnica sobre novas tecnoloxías e novos recursos intelixentes aplicados aos modelos de produción, con fin de facelos máis eficaces, seguros, rendibles, sustentables e, por suposto, seguros. A xornada Seguridade na Industria 4.0 contará coa presenza de empresas como Aerocamaras Especialistas en Drons, que mostrará (da man de José Daniel Ramos) os seus achados recentes en materia de tecnoloxías de seguimento para loitar contra os lumes ou para resolver emerxencias.
A xornada comeza ás 10.00 horas cunha presentación a cargo de Fernando González Abeijón. subdirector xeral técnico e de Planificación do ISSGA, e Maximino García Sánchez, director técnico de Cíes Atlántico e representante de AGEINCO. A continuación será a quenda de Pedro García-Trejo González, xerente de GTG Enxeñeiros, quen falará tecnoloxías que melloran a seguridade na maquinaria móbil. Logo, ás 10.45 horas, intervirá Víctor Alonso Ramos, responsable do Departamento de Procesos de FoF (Factorías do Futuro), quen afondará nas vantaxes dos robots colaborativos e no seu impacto na seguridade e os estándares.
Logo do descanso, retomarán os relatorios María Montenegro Cobas, responsable do departamento de Prevención Industrial e Seguridade e Saúde en Obras de Galicia (SGS) e máis Juan Cabré Rodríguez, director de Calidade e Medio Ambiente en Ain-Active. Xa na recta final da xornada intervirá José Daniel Ramos, de Aerocamaras, falando de drons aplicados a emerxencias e seguridade.
AGEINCO mostra hoxe todo hai que saber sobre as vantaxes dos sistemas intelixentes en seguridade
Compartir Este Artigo
