Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mundos Digitales inicia un novo proxecto de formación en colaboración con El Ranchito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mundos Digitales inicia un novo proxecto de formación en colaboración con El Ranchito

Redacción
Publicado: 26/06/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

felix_berges.jpgA XVII edición de Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, efectos especiais, videoxogos e novos media que se celebra do 5 ao 7 de xullo na Coruña, estende de novo as súas actividades máis aló dos tres días de celebración do encontro. Tras a exitosa experiencia da Sesión Especial de Game of Thrones que Mundos Digitales realizou en Madrid o pasado mes de outubro, ponse en marcha o proxecto MD 2.0, unha experiencia de formación única no sector que permitirá aos alumnos de destacados centros de formación de animación e efectos visuais replicar o sistema de traballo das grandes producións internacionais.
MD 2.0 conta coa colaboración de Félix Bergés, supervisor de Efectos Visuais de El Ranchito, gañador de 11 premios Goya e responsable entre outras moitas producións, dos efectos especiais de Game of Thrones, Un Monstruo viene a verme ou Boardwalk Empire. Como explica o director de Mundos Digitales, Manuel Meijide, «é unha experiencia de formación moi ambiciosa na que se rodará unha curtametraxe e imaxe real, con actores e actrices profesionais, e no que se replicará o formato de traballo da produtora HBO coas grandes compañías de efectos, trasladando toda esta experiencia a un grupo de destacados centros de formación nacionais para levar a cabo a animación e os efectos visuais da mesma». Os centros que participarán nesta experiencia única a nivel internacional son CICE, FX Animation e Trazos.
nina_01.jpgAdemais, Mundos Digitales estrea na súa edición deste ano a curtametraxe Nina, the little bulldozer, unha produción de divulgación e concienciación sobre a epilepsia cuxos autores se coñeceron, precisamente, nunha edición anterior do congreso coruñés. O equipo, liderado por Carlos Grangel (deseñador de personaxes animados de películas como Madagascar, Kung Fu Panda ou La Novia Cadáver) fraguou fai catro anos unha alianza que desembocou neste documental que relata a historia de Nina, filla dunha inmigrante galega en México e EEUU, e a súa loita por superar unha enfermidade que a sociedade aínda percibe como un estigma.
Como en cada edición, Mundos Digitales acollerá conferencias, obradoiros e encontros cos mellores creadores da industria, que expoñerán as máis novas técnicas de creación dixital en cinema, televisión, videoxogos, publicidade e novas aplicacións que van desde a arquitectura dixital ata a mercadotecnia.
Ademais una das actividades máis importantes de Mundos Digitales é a Feira de Emprego, a segunda máis importante de Europa no sector, na que unhas 20 compañías, varias delas internacionais, buscarán este ano novos talentos para os seus proxectos. Outras seccións relevantes son Out of the Box, centrada en novas aplicacións industriais e empresariais da creación dixital e School Leads, dedicada aos centros formativos, universidades, escolas e academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos dixitais en xeral. A oferta de actividades complétase co Festival Internacional de Curtas de Animación.

Conferencias

wreck-it-ralph1.jpgNa edición deste ano repite asistencia Rajesh Sharma, director tecnolóxico de Walt Disney Animation Studios, un dos conferenciantes máis aplaudidos no ano pasado e que nesta ocasión describirá, de principio a fin, o proceso de facer películas de animación e os retos do futuro deste xénero.
Así mesmo, Sebastian Sylwan, socio creativo de Felix& Paul Studios e responsable de experiencias inmersivas de alta calidade como Jurassic Park e Inside the White House with Barack and Michelle Obama presentará, como compañía líder a nivel mundial en realidade virtual, as últimas tendencias neste puxante sector. Outro conferenciante de primeira fila será Jayse Hansen, o cerebro detrás de interfaces de usuario ficticias como as que ven en películas de éxito como Los Juegos del Hambre, Iron Man e Star Wars.
Tamén está confirmada a participación de Mike Ladlaw, un dos mellores consultores da industria dos videoxogos (director creativo da serie Dragon Age) que colabora agora coa empresa coruñesa Gato Salvaje na súa nova creación, The Waylanders.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?