Javier Urra, psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e reputado experto en psicoloxía clínica e pedagoxía, vai estar este sábado en Santiago para achegarnos unhas cantes claves sobre como comportarnos (nais e pais) perante os posibles excesos tecnolóxicos das nosas crianzas e perante os posibles malos usos das novas ferramentas. Urra vén convidado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A conferencia, que desenvolve baixo o título Educar con criterio e ALGO MÁIS, está prevista para as 12:00 horas no Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura.
A conferencia, aberta ao público en xeral, está enmarcada nas actividades da cuarta edición da Olimpíada de Robótica de Galicia, da que o CPEIG tamén é entidade organizadora xunto á FEGAMP e Arkitas.
Por certo que o relatorio será presentado polo presidente do colexio profesional galego, Fernando Suárez.
Segundo informa o CPEIG, Urra é psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, está especializado en psicoloxía clínica e psicoterapia (acreditado por la Federación Europea de Asociacións de Psicólogos) e é pedagogo terapeuta. Na charla, explicará aos pais e nais asistentes á charla o esencial para educar aos seus fillos con criterio. Falará de prevención e intervención e dos pros e contras do contacto na Rede.
Javier Urra explica este sábado en Santiago como termos un fogar dixitalmente saudable
Compartir Este Artigo
