
En concreto, nove corresponden á Universidade de Santiago de Compostela; seis á Universidade de Vigo; catro á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; tres ao Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións (Gradiant); dous á Universidade da Coruña; e un á Fundación Biomédica Galicia Sur.
Segundo informa GAIN, destas 25 propostas, preto da metade (12) están aliñadas co reto 3 da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), cuxo obxectivo é “conseguir un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo”; mentres que un 44% (11 propostas) están vencelladas ao reto 2, que persegue un novo modelo industrial.
Ademais, un 8% (2 propostas) dos proxectos están aliñados co reto 1, que busca a modernización dos sectores primarios a través da innovación.
En canto á súa distribución por sectores, o sector maioritario no que se centran os proxectos é o da biotecnoloxía, aplicada á saúde e á industria, e máis as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
Para acometer esta primeira escolma, realizáronse catro avaliacións individuais de cada proxecto, co apoio dun equipo formado por tres expertos de Oxentia (Oxford Univiersity Innovation).
Como lembraremos, a primeira edición de Ignicia permitiu apoiar un total de 9 proxectos cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o aeronáutico e a biotecnoloxía. Tamén se favoreceu a creación ou mantemento de 61 postos profesionais de alta cualificación e a posta en marcha de empresas de alicerce tecnolóxico.
Para a segunda edición do Ignicia o Goberno galego investirá tres millóns de euros ata 2020. A través do acordo asinado entre a Xunta e a Fundación Barrié por valor de máis de 430.000 euros (a Xunta financia 400.673 euros) levaranse a cabo accións formativas e a realización conxunta de actividades propias da xestión dun fondo de proba de concepto coa finalidade de “levar ao mercado os resultados científico-tecnolóxicos xerados nos centros de coñecemento galegos con potencial para a súa comercialización, ben sexa a través de licenzas ou a través da creación de spin-offs”.
Na primeira edición, dos 9 proxectos que se apoiaron, un total de cinco convertéronse en empresas universitarias e os catro restantes foron mediante acordos con licenza.
A segunda edición de Ignicia selecciona 25 proxectos potencialmente transferibles ao mercado
Compartir Este Artigo

