A primeiros de mes chegou a España o Honor 8X, un atractivo terminal móbil cunha pantalla de 6,5 polgadas que ocupa o 91% da súa frontal e unha cámara traseira dual cun sensor principal de 20 Mpíxeles con apertura f/1.8 e numerosos modos de disparo e gravación en cámara superlenta, mantendo un prezo bastante axustado (entre 249 e 299 euros en función da súa configuración) e para dalo a coñecer están a unha xira pola xeografía española que baixo o título Experiencia #ZeroLimits chegará a Galicia esta semana.
Falamos concretamente dunha actividade que terá lugar no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, ao que este venres ás 20:00 horas acudirá o popular youtubeiro Ismael Prego, máis coñecido como Wismichu, quen compartirá cos presentes como conseguiu chegar a onde está hoxe perseguindo as súas metas.
Para participar nesta master class de creación de contido en liña é preciso inscribirse vía web.
Wismichu impartirá en Compostela unha master class sobre creación de contido en liña
Compartir Este Artigo
