O considerado pai de Android, Andy Rubin, está detrás actualmente detrás do fabricante de móbiles Essential, compañía que fundou tras abandonar Google, pero agora están a aboiar detalles sobre a súa partida da compañía do buscador, e non resultan agradables, xa que The New York Times asegura que a compañía de Mountain View pagou a Rubin 90 millóns de dólares (a razón de 2 millóns de dólares ao mes durante 4 anos, estando prevista a última entrega o mes que vén) para facelo marchar silenciosamente, despois de recibir acusacións por mor das súas condutas sexuais.
As acusacións que están a lanzarse contra Rubin saen á luz por mor do seu proceso de divorcio, e aínda que aínda non se demostrou que Rubin abusase sexualmente dunha subordinada, o que si está confirmado é que mantiña unha relación con ela sen ter notificado formalmente á empresa, incumprindo a política da compañía, o que puxo a Google nunha posición moi delicada, xa que este tipo de comportamentos dificultan o ambiente laboral.
Tras publicarse na prensa as acusacións contra Rubin, Sundar Pichai e Eileen Naughton remitiron unha misiva electrónica aos traballadores de Google recoñecendo que nos últimos 2 anos tiveron que despedir a 48 persoas por acoso sexual, entre os que había 13 cargos de responsabilidade que recibiron compensacións económicas polo seu despedimento. Loxicamente non dan detalles sobre quen son as persoas, pero este tipo de recoñecemento indica cando menos un cambio de política por parte de Google, compañía historicamente demasiado permisiva a este respecto, de xeito que incluso un dos seus fundadores, Sergey Brin, tivera unha relación extramatrimonial cunha das súas empregadas, o que non resulta nada positivo para manter un bo ambiente laboral.
Denuncian que Google pagou 90 millóns de dólares a Andy Rubin para tapar un escándalo sexual
Compartir Este Artigo
