Vodafone TV vén de poñer ao alcance dos seus clientes (en exclusiva) a nova canle smart de MTV: a canle MyMTV Music, que pasa por ser a primeira canle de música lineal personalizable do actual universo en liña. Isto en que se traduce? Pois en que os usuarios do servizo audiovisual de Vodafone van contar con 24 horas de contido musical lineal á medida dos seus gustos particulares e respondendo polo miúdo aos seus intereses e tendencias.
En termos máis concretos, poderán dar forma ás súas propias canles botando man dos contidos do amplo cartafol de videoclips de MTV, aos que cómpre engadir actuacións e eventos sobranceiros como os MTV EMA ou os míticos Unplugged, amais doutras pezas exclusivas.
Este servizo lánzase hoxe en España Vodafone TV tralo o éxito cultivado en Francia desde o ano 2015. Un dos puntos extras da nova achega de MTV é que responde polo miúdo á tendencia ecléctica e diversa da mocidade actual en materia de música, polo que non pon ao seu alcance unha experiencia de estilos musicais estancos senón que “permite aos seareiros crear distintas canles segundo as súas preferencias, xa sexa por xénero, data ou estados de ánimo”.
Para quen non o saiba, MyMTV Music lanzouse por primeira vez en Francia en 2015 e chegou a 6 millóns de fogares, con 1.8 millóns de canles personalizadas creados, conseguindo galardóns da industria neste país, como o Best TV Concept nos Stratégies Media Changers Awards de 2017, e o premio Best Recommended Service nos Social Media Awards 2016.
Vodafone TV achega aos usuarios a experiencia personalizable de MyMTV Music
Compartir Este Artigo

