O servizo de pagamentos móbiles de Samsung continúa a avanzar en España, e chega finalmente a Bankia, de xeito que os clientes de tal entidade bancaria poden por fin empregar os smartphones de Samsung con NFC e os reloxos Samsung Galaxy Watch, Gear S3 e Gear Sport para realizar pagamentos en terminais de punto de venda contactless.
Até o momento hai máis de 800.000 usuarios rexistrados en España en Samsung Pay, servizo que medrará substancialmente o seu alcance ao chegar a Bankia. O servizo permite que os usuarios dean de alta nos seus dispositivos móbiles con NFC as súas tarxetas bancarias (de débito ou crédito) para non ter que sacalas da carteira ou levalas enriba para realizar pagamentos en lectores de tarxetas, recibindo tamén unha notificación unha vez realizado o pago.
Os clientes de Bankia que empreguen Samsung Pay entre hoxe e o 6 de decembro recibirán un abono de 6 euros. A maiores, Samsung Pay tamén ten un programa de fidelización a través do que acumular puntos para conseguir recompensas como billetes para o cine, fundas para o móbil, accesorios e mesmos cupóns para participar en actividades como escapadas rurais.
Samsung Pay chega aos clientes de Bankia
Compartir Este Artigo
