A financiación das compras é algo ao que cada vez estamos máis afeitos en establecementos tradicionais, pero tamén é posible no comercio electrónico, e unha das compañías que promete facerse un grande lugar aí é Fintonic, que vén de anunciar que vai a ofrecer a todos os seus usuarios en España a posibilidade de financiar as súas compras en Amazon.es a partires da vindeira semana, chegando así a tempo para Black Friday e a campaña de Nadal.
Fintonic permitirá adiar o pagamento de importes de entre 200 e 1.000 euros ao 0% TAE dende a súa aplicación, de xeito que poderán financiarse sen intereses as compras de Cheques agasallo de Amazon.es nun período de ata 4 meses.
Os interesados en ser os primeiros en probar esta nova funcionalidade poden xa apuntarse á listaxe de convidados na web de Fintonic.
O proceso de solicitude e xestión do financiamento formalízase a través da aplicación móbil de Fintonic, de xeito automático e en apenas 3 minutos; unha vez finalizado o procedemento poderemos acceder a un cheque agasallo que pode utilizarse para realizar unha ou varias compras en Amazon.es ata esgotar o saldo (e cun período de validez de 10 anos) permitindo pagar ata 1.000 euros en 4 meses sen xuros nin comisións.
Fintonic permitirá pagar a prazos en Amazon.es
Compartir Este Artigo
