O Campus Abanca chega mañá á súa terceira edición, que desenvolverase ata o mércores no Centro de Innovación Cultural (Espazo CINC) da Cidade da Cultura, e que a través de relatorios e obradoiros pretenden que axude ao descubrimento das profesións do futuro, completándose estas actividades cun concurso de ideas ou proxectos.
Esta actividade organizada en colaboración con Afundación quere achegarnos a figuras como o emprendedor, o profesional do comercio electrónico, o community manager, o youtubeiro, o instagramer ou o gamer, perfís profesionais moi diversos e con grande proxección de futuro, das que daranse exemplos na nosa terra.
O martes, de 9:00 a 18:00 horas celebrarase o Campus LAB, xornada na que os 10 finalistas do concurso de ideas innovadoras poderán participar en 4 obradoiros que axudaranos a deseñar o seu modelo de negocio, validalo, aprender a buscar financiamento e a presentalo.
Congreso Campus Abanca
Pero a actividade máis pública será o Congreso Campus Abanca, que ás 10:30 contará co emprendedor Pepe Solla impartindo un relatorio sobre a Inspiración; outro relatorio interesante (que principiará ás 12:50 horas) será o que impartirá Uxía Fontán, quen ilustrará a aspirantes a influencer sobre o que hai detrás dunha campaña viral
Durante a mañá tamén terán lugar un par de mesas redondas ás 11:30 e ás 12:10 horas respectivamente. A primeira, Talento con futuro – Vivir do que me apaixoa, contará co emprendedor Alex Rivas, o experto en videoxogos Ramón Méndez, o artistas Marcos Puhinger e o deportista Manu Míguez; mentres que a segunda mesa, Poñer en valor a reputación pública – Patrocinios, coa blogueira María Olveira, a nutricionista Luzia Piñeiro, o emprendedor Marcos Pérez e os youtubeiros Tobbalink e FatiVazquez.
Para poder acudir a estas interesantes charlas e mesas redondas é preciso inscribirse en liña.
