
O fornecemento do novo supercomputador implicará un investimento de arredor de 7,5 millóns de euros, que duplica o orzamento do Finisterrae II actual. A renovación, en termos concretos, é unha reposta á vertixinosa evolución das capacidades e posibilidades da tecnoloxía actual, unida a unhas demandas que medran parellas por parte da comunidade investigadora, dos centros tecnolóxicos e das empresas, sobre todo en materia de tratamento e análise de información (medran os datos a pasos axigantados e medran as potencialidades de uso deses datos).
A renovación do corazón do CESGA permitirá chegar aos 2 petaflops, que, para entendernos, sería como multiplicar por seis as capacidades de computación dos equipamentos actualmente operativos no centro compostelán. Precisamente será o procesado e a analítica da información a gran escala (Big Data) onde se agarda tirar máis rendemento das vindeiras tecnoloxías, impulsando ámbitos prioritarios de investigación galega: o xenoma humano, a predición do tempo e do comportamento dos océanos ou o deseño de novos materiais.
O novo supercomputador do CESGA permitirá chegar aos 2 petaflops de capacidade
Compartir Este Artigo

