Aínda que o habitual en Instagram é empregar as historias como un xeito de comunicarse abertamente co mundo, entenderon que algúns usuarios non queren facer que toda a súa actividade sexa tan pública, e como alternativa a poder enviar mensaxes de xeito privado están a incorporar a posibilidade de compartir historias só cos amigos achegados, un grupo de seareiros reducido que poderemos definir.
Dende o menú lateral do noso perfil teremos unha sección amigos achegados na que poderemos ver unha listaxe cos nosos amigos máis próximos, que podemos personalizar a man, e para facilitarnos tal acción tamén teremos unha serie de suxestións de amizades a engadir.
As historias publicadas só para os amigos achegados amosarán unha etiqueta verde, facilitando así que saibamos cando estamos ante un contido de difusión restrinxida ou a algo xeral.
Este novo formato de historias comeza hoxe a súa difusión global a través das aplicacións de Instagram para iOS e Android.
Instagram permitirá que compartamos historias só cun grupo limitado de amigos
Compartir Este Artigo
