Co gallo do Día Internacional da Protección de Datos, unha das compañías máis criticadas nos últimos meses polo seu desleixo neste ámbito, Facebook, anuncia que a partires de hoxe e durante as vindeiras dúas semanas desenvolverán unha campaña instando aos seus usuarios a revisar a súa configuración de privacidade.
Facebook quere que os seus usuarios comproben quen pode ver as súas publicacións en Facebook, quen pode acceder á súa distinta información de perfil e as aplicacións e páxinas web que se comunican coa súa conta de Facebook.
Adicionalmente tamén dan conta do seu centro de recursos sobre privacidade e uso de datos para empresas, páxina de referencia para que as empresas poidan atopar de xeito doado condicións, políticas e outros recursos relativos á privacidade e a publicidade, como unha explicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos.
Facebook insta a revisar a configuración de privacidade
Compartir Este Artigo
