A aplicación de navegación GPS adquirida por Google en 2013, Waze, ten unha interesante solución para permitir que os seus usuarios non perdan a súa posición cando circulan por túneles (pola falta de cobertura do GPS), que consiste na instalación de balizas Bluetooth, para o que teñen un programa aberto a concellos e organización de estradas de todo o mundo, que está a chegar aos túneles da cidade de New York.
Os túneles que estrean balizas de Waze son os de Holland, Lincoln, Queens-Midtown e Hugh L. Carey (Brooklyn-Battery), o que supón todo un avance para os seus usuarios, que así poderán recibir información cando van baixo terra sobre accidentes de tráfico ou cambios na circulación aínda que carezan de cobertura GPS.
Aínda que actualmente non hai un estándar global para este tipo de solucións, Waze ofrécea de balde a terceiros, ou sexa, que calquera aplicación de navegación GPS podería manter ao usuario localizado onde carecese de cobertura satelital e si houbese balizas Bluetooth instaladas.
Waze funcionará sen problema nos túneles de New York
Compartir Este Artigo
