O principal intercambiador de criptomoedas de Canadá, QuadrigaCX, está a vivir unha crise sen precedentes, tendo que recorrer á protección por bancarrota ao non poder continuar as súas actividades por mor do repentino pasamento do seu fundador, Gerald Cotten, de 30 anos, que faleceu o pasado mes de decembro na India por complicacións coa enfermidade de Crohn, levando con el os contrasinais para que o seu negocio puidese operar.
QuadrigaCX fora a primeira compañía en montar caixeiros de Bitcoin en Toronto, e aínda que nos últimos meses xurdiran dúbidas sobre a súa solvencia, a versión oficial do acontecido sostén que a empresa non foi capaz de continuar a súa actividade ao non poder acceder aos rexistros no ordenador portátil de Cotten, que ten os seus contidos cifrados, e ata o momento non tiveron éxito á hora de acceder aos mesmos.
Estímase que actualmente QuadrigaCX manexa uns 250 millóns de dólares canadenses (166 millóns de euros) dos seus 115.000 usuarios, correspondendo uns 70 millóns de dólares a canadenses a cartos en moeda tradicional e os 180 millóns restantes a criptomoedas.
Varias entidades bancarias teñen cartos do intercambiador de moedas conxelados por mor de distintos problemas que agora deberán solucionarse nos tribunais, como os problemas que a compañía ten cos seus clientes, que atópanse nunha grande indefensión.
Unha grande empresa canadense de criptomoedas en crise por non poder acceder ao portátil do seu finado fundador
Compartir Este Artigo
