Como xa acontece en WhatsApp e noutras aplicacións de mensaxería instantánea, a partires de agora, cando remitamos unha mensaxe ao grupo que non correspondía, cometamos unha falta ortográfica ou simplemente desexemos borrar unha mensaxe dunha conversa no Messenger de Facebook, poderemos facelo sempre dentro dos 10 primeiros minutos da súa publicación e, do mesmo xeito a como acontece en WhatsApp, o borrado deixará unha marca, para que o resto de persoas na conversa vexa o que aconteceu, aínda que non poida acceder ao contido eliminado polo seu interlocutor.
A partires de agora en Messenger teremos dúas opcións de borrado de contidos nas conversas: borrado para ti (que só borra a mensaxe para o usuario que fai o borrado) ou borrado para todos (que elimina a mensaxe orixinal deixando unha etiqueta no punto de borrado.
Esta nova funcionalidade xa está dispoñible na última versión do Messenger para iOS e Android.
O Messenger permítenos borrar mensaxes nos 10 primeiros minutos
Compartir Este Artigo
