Dende Spotify levan tempo loitando contra as aplicacións que piratean o seu servizo, de aí que nas súas condicións de uso indiquen agora claramente que non está permitido saltar ou bloquear a súa publicidade ou crear ou distribuír ferramentas deseñadas para bloquear anuncios do servizo de Spotify. Aínda que estas normas parecían un brinde ao sol, finalmente comezaron a remitir a usuarios notificacións por correo electrónico informando desta condición do servizo, advertindo que a partires do 1 de marzo se detectan bloqueos de publicidade desactivarán as contas que realicen tal práctica.
Spotify cancelará as contas de usuarios que bloqueen a publicidade
Compartir Este Artigo
