Instagram non cesa de avanzar como canle para o comercio electrónico, e tras contar con ferramentas para facilitar as compras de produtos a través das plataformas en liña das distintas marcas, agora pechan o círculo coa función de checkout, ou sexa, que agora permiten completar os pedidos sen ter que saír da aplicación de Instagram.
Cando vemos produtos en Instagram podemos ir engadíndoos ao noso carriño da compra, seleccionando opcións como talle e cor, para logo completar o pagamento e os datos para o envío dos produtos, coma se estivésemos nunha tenda en liña independente que gardará a información do usuario para pedidos futuros, á vez que tamén serve para facer un seguimento dos pedidos realizados e a súa entrega.
Polo momento a opción de mercar directamente dende Instagram está limitada a un pequeno grupo de negocios (como Adidas, Burberry, H&M, Michael Kors, Prada ou Zara) e a consumidores nos EE.UU., pero nas vindeiras semanas ampliarán a dispoñibilidade desta plataforma a máis negocios e mercados.
Instagram estrea compras dentro da súa aplicación
Compartir Este Artigo
