Non hai dúbida sobre o feito de que a autonomía dos dispositivos é moi variable en función do uso que facemos dos mesmos, algo que podemos constatar perfectamente no noso día a día, de aí que os datos que achegan os fabricantes haxa sempre que tomalos con certa precaución, aínda que normalmente os consumidores confiamos en que a información que achegan as distintas compañías sexan comparables, algo que desmonta unha investigación de Which?, publicación dunha asociación de comunidores que revela que fabricantes como Apple e HTC esaxeran moito a autonomía dos seus terminais.
Tras someter 9 modelos de iPhone, dende Which? atoparon que todos os móbiles quedan por debaixo do prometido, de xeito que o fabricante tería esaxerado entre un 18 e un 51% a autonomía dos seus dispositivos, sendo o caso máis grave o do iPhone Xr, co que conseguiron falar por teléfono ata 16 horas e 32 minutos mentres que Apple asegura que a súa batería permite falar ata 25 horas seguidas.
No caso de HTC a esaxeración sería moi inferior, de xeito que as prometidas 20,5 horas de conversa quedan en 19,6 horas nas probas realizadas, en contraste co que acontece con móbiles de Nokia, Samsung e Sony, que conseguen mellores autonomías das que anuncian os fabricantes (como exemplo aseguran que co Sony Xperia Z5 Compact puideron falar ata 25 horas e 52 minutos, cando Sony estimaba a súa autonomía en 17 horas, ou sexa, que o teléfono aguanta preto de 9 horas máis das prometidas).
Un informe sostén que Apple esaxera ata un 51% a autonomía dos iPhone
Compartir Este Artigo
