Hai un par de meses chegaron ao mercado os smartphones Huawei P30 e P30 Pro, colocándose unha vez máis nunha posición líder no que a cámaras traseiras de teléfonos se refire, pero con prezos bastante elevados, de aí que moitos estivesen a agardar a que a segunda marca de Huawei, Honor, lanzase as súas versións económicas, o que aconteceu hoxe, probablemente no peor momento posible, xa que Huawei está nun momento moi completo e, aparte de estar a estudar a súa reacción ante o bloqueo comercial imposto polos EE.UU., tamén cancelou os seus esforzos en mercadotecnia ante a dificultade de transmitir confianza nun contorno tan incerto.
Os móbiles presentados hoxe serían a nova serie 20 de Honor, que chegaría en tres modelos para adaptarse a distintos petos, partindo dun modesto Honor 20 Lite, que ten un prezo de lanzamento de 299 euros, o que non lle impide estar equipado con 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento e cámara traseira tripla (con sensores de 24, 8 e 2 Mpíxeles). Este móbil conta tamén cunha cámara frontal de 32 Mpíxeles aloxada nunha pequena pestana superiro central na súa pantalla Full HD+ de 6,21 polgadas. Conta con lector de pegadas dixitais traseiro, NFC e súa batería é de 3.400 mAh, configurando un dispositivo que podería conseguir moi boas vendas se non fose pola sombra da desconfianza que se proxecta sobre el.
O Honor 20 subiría o seu prezo ata os 499 euros, o que permítenlle equiparse con 6 GB de RAM e unha pantalla infinita de 6,26 polgadas cun orificio na esquina superior esquerda para a cámara frontal. Sitúa o seu lector de pegadas dixital nun lateral, a súa batería de 3.750 mAh ten carga de 22,5 watts (que permite chegar ao 50% da carga en 30 minutos) e na súa cámara traseira equipo 4 sensores: un sensor principal de 48 Mpíxeles, un grande angular de 16 Mpíxeles, un zoom de 2 Mpíxeles e un sensor TOF. Temos así un móbil cunha cámara capaz de tomar grandes fotografías normais, retratos de grande calidade, luminosas fotografías nocturnas cun modo de disparo específico e gravar vídeo a super cámara lenta (960 fotogramas por segundo a 720p).
O produto maior da familia é o Honor 20 Pro, que sube o prezo ata os 599 euros, e que conta xa con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, o que xa xustificaría o seu incremento de prezo, aínda que a súa cámara traseira tamén atrévese a unha configuración diferente: sensor principal de 48 Mpíxeles, grande angular de 16 Mpíxeles, zoom de 8 Mpíxeles e macro de 2 Mpíxeles. O Super Zoom promete chegar ata os 30 aumentos, aínda que se nos cinguimos á capacidade óptica do mesmo falariamos de 3 aumentos.
Se temos en conta que un Huawei P30 Pro con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento custa actualmente 1.049 euros, o feito de que o Honor 20 Pro custe preto da metade semella un grande prezo, pero haberá que ver a situación na que se atopa este terminal por terse presentado despois da orde executiva dos EE.UU. que impediría que tivese unha licenza válida do Android de Google.
Vídeo promocional dos novos Honor 20 e 20 Pro

