A Universidade de Santiago quere mostrar o máximo o dominio galego, o .gal, e faino apostando por el a todos os niveis. Para impulsalo desenvolveu un plan técnico e de comunicación que xa comezou a dar froitos e que vén artellado en varios treitos a percorrer. O obxectivo: que usc.gal sexa por fin o enderezo referente da universidade galega.
A aposta da institución académica compostelá polo dominio de noso comezou en 2014, cando a USC significouse entre o centenar de entidades e empresas pioneiras na súa adopción, co fin último de reivindicar Galicia na Internet e visualizala no mundo. Nese mesmo intre a Universidade de Santiago fixo posible que www.usc.gal fose o único xeito de acceder ao portal principal dos contidos da institución.
Na actualidade, practicamente todos os sitios web existentes baixo o dominio usc.es están tamén operativos como usc.gal: http://xornal.usc.gal, http://tv.usc.gal, http://ocartafol.usc.gal… Amais, en canto se solucionen cuestións técnicas e legais, estarán dispoñibles o portal do empregado (http://persoas.usc.es) e a sede electrónica (https://sede.usc.es), que require a que a modificación do enderezo sexa publicada no DOG. De maneira progresiva, o .gal será o dominio ao que se redireccionen todos os espazos en liña do URL, polo que se converterá no enderezo principal, sen que iso signifique a eliminación do anterior. Amais, a implantación prioritaria deste dominio realizarase conservando a posición na Rede que goza a USC.
Por outra banda, as contas non persoais, ligadas a un cargo ou a un órgano ou servizo, pasarán de xeito inmediato ao dominio “usc.gal” como enderezo principal:
A maiores, para os estudantes está previsto que xa para o curso 2019‐2020 todas as novas caixas de correo teñan unicamente o formato
A Universidade de Santiago poténciase na Rede co dominio .gal
Compartir Este Artigo

