O Grupo Euskaltel, no que se integra a operadora galega R, vén de dar un novo paso en materia de seguridade para os seus clientes. E fíxoo da man de VMware, con quen vén de asinar un acordo para ofrecer aos seus usuarios servizos na nube baseados na tecnoloxía de vangarda desta compañía, referente norteamericano en recursos na nube. O obxectivo de Euskatel é, nas súas palabras, ir achegándose ao denominado “risco cero”, previndo potenciais perdas de información e “blindando os centros de datos dos nosos clientes do segmento empresarial”.
A maiores, este sistema dá resposta á lexislación sobre protección dos datos que empresas e institucións almacenan e xestionan no seu día a día. “Coa nosa solución de continuidade de negocio, os nosos clientes teñen a garantía de que os seus sistemas TI están apoiados con seguridade en centros de procesamento de datos do Grupo Euskaltel e sempre dispoñibles e accesibles para os intres en que se precisen, malia as continxencias de diversa tipoloxía: meteoroloxía adversa, incendios, fallos tecnolóxicos ou sabotaxes”.
O Grupo Euskaltel inclúe ao abeiro desta iniciativa un datacenter virtual, consistente nunha nube privada con todos os servizos de cómputo, rede, seguridade e almacenamento necesarios para que cada empresa poida conformar os seus sistemas de tecnoloxías da información. “A solución”, sinala a compañía, “proporciona a conectividade nativa da nube coas redes dos clientes sen limitacións de ancho de banda, completamente aseguradas, e acceso á Rede de 1 GB simétrico con redundancia”.
Euskaltel blinda os centros de datos dos seus clientes con tecnoloxía de VMware
Compartir Este Artigo

