Este verán Vodafone estreará a súa rede 5G comercial en España, Alemaña, Reino Unido e Italia, e aínda que esperábase que Reino Unido fose o primeiro territorio sorprenden anunciando o seu lanzamento en Italia, concretamente nas cidades de Milán (e 28 concellos da súa área metropolitana), Roma, Turín, Bolonia e Nápoles, prevendo que en 2021 a cobertura chegue ás 100 principais poboacións do país.
Con esta tecnoloxía Vodafone quere achegar conexións móbiles de poderán chegar a superar os 10 Gbps, con latencias de menos de 10 milisegundos e capacidade para conectar ata 1 millón de obxectos por quilómetro cadrado, abrindo así as portas a unha Internet das Cousas cada vez máis presente.
Amais, durante o verán os clientes de Vodafone que viaxen a algún dos países mencionados con rede 5G poderán gozar de tal tecnoloxía de atoparse nalgunha das súas principais cidades e contar con terminais móbiles compatibles, dos que Vodafone comercializa os smartphones Mi Mix 3 5G, LG V50 ThinQ 5G e Samsung Galaxy S10 5G, que este mesmo mes sairán á venda.
Vodafone estrea a súa rede comercial 5G en Italia
Compartir Este Artigo
