Cada vez é máis frecuente atopar en Instagram contidos patrocinados por marcas, pero dado que a difusión deste material é principalmente orgánico, está limitado aos seareiros dos creadores de contidos, e para superar tal limitación presentan aos anunciantes a posibilidade de promocionar os seus contidos patrocinados a xeito de anuncio.
Iso quere dicir que os contidos patrocinados dentro de Instagram van gañar visibilidade, xa que as marcas poderán pagar para que cheguen tamén a usuarios que non seguen aos influencers cos que as marcas teñen acordos de colaboración, que grazas ás ferramentas publicitarias de Facebook conseguirán unha grande eficiencia ao poder dirixir as campañas a un público moi definido.
Estes contidos patrocinados poderán figurar entre as publicacións e as historias de Instagram coa debida transparencia, ou sexa, que figurará a marca que paga pola promoción do contido.
Os contidos patrocinados de Instagram poderán funcionar como anuncios
Compartir Este Artigo
