
En opinión de xurado, o artigo gañador fai gala dun salientable enfoque humano para abordar, ao detalle, o devandito traballo do grupo da USC.
O xurado, composto por representantes da Real Academia Galega de Ciencias, Obra Social la Caixa, Colexio de Xornalistas de Galicia, CSIC, Consellería de Educación e GCiencia, tamén escolleu como finalistas ás reportaxes Scuba Cancers, de Andrea Varela e Miriam Álvarez, e Como gañar o que che quita o Parkinson, de Alba Tomé.
A gañadora do Premio Contar a Ciencia-la Caixa recibirá un premio en metálico de 500 euros e un smartphone IoxPhone P1, cortesía do fabricante galego Primux Tech, empresa colaboradora do concurso. A mesma compañía entregará cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21 aos dous finalistas. Do mesmo xeito, todos os estudantes que viron seleccionados os seus traballos para a súa publicación en GCiencia recibirán un diploma acreditativo da súa participación.
A VI edición do concurso foi convocada pola Real Academia Galega de Ciencias e patrocinada por Obra Social la Caixa. Contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux e foi organizada polo portal web GCiencia. Participaron dez traballos de estudantes de comunicación das facultades galegas. As reportaxes abordaron, en formato escrito e audiovisual, proxectos de investigación que se desenvolven en Galicia.
Todas as finalistas recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar o 8 de xullo no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela. Ao acto asistirán representantes do mundo académico, social, empresarial e político de Galicia.
Un traballo sobre tecnoloxía para coidadores recibe o Premio de Comunicación Científica da RAGC
Compartir Este Artigo

