Twitter leva meses probando o seu novo deseño, e finalmente decidiu que esta versión da súa páxina web que perseguía unha experiencia máis rápida, doada de usar e personalizable estea dispoñible para todos os usuarios, polo que iniciou o seu espallamento global.
A nova versión de Twitter.com presenta un deseño máis semellante ao que a páxina web de Twitter ten en dispositivos móbiles, o que fai que teñamos unha experiencia de uso máis consistente, á vez que fai que moitas das prestacións do servizo non estean agochadas en distintas pestanas, senón que estea moi accesibles no lateral esquerdo da interface.
Esta nova versión da páxina web de Twitter tamén permite activar o seu modo escuro e configurar o uso de múltiples contas de usuario sen ter que recorrer a TweetDeck, o que agradecerán especialmente os que xestionen varios perfís (principalmente para usos profesionais).
Até o momento era relativamente doado alternar entre a nova versión de Twitter e a anterior, pero co espallamento do novo deseño podemos ir dicindo adeus ao deseño clásico, chamado a desaparecer en poucos días.
Twitter renova o deseño da súa páxina web de escritorio
Compartir Este Artigo
