
O primeiro comprende o tramo de idade de 6 a 9 anos e desenvolverase do 6 ao 16 de agosto, en horario de 10.00 a 12.00 horas, cun cómputo total de 18 horas lectivas. Entre a materia impartida atópase o manexo básico do sistema (accesorios do sistema, crear carpetas e ordenar datos), coñecer o teclado, edición básica de texto, debuxar co ordenador, buscar imaxes en Internet, ordenar fotos e crear unha montaxe de imaxes.
O segundo treito comprende a rapazada de 10 a 14 anos, desenvolvéndose do 20 ao 30 de agosto, en horario de 10.00 a 12.00 horas, cun cómputo total de 18 horas lectivas. Os asistentes aprenderán a manipulación de imaxes (descargar fotos de Internet, retocar e crear montaxe de imaxes), editar son e vídeo (descargar de Youtube, editar as descargas e engadir son).
O Concello explicou que existe un límite de prazas establecido en 12 para cada unha das accións formativas e as inscricións estarán abertas desde o 29 de xullo ao 2 de agosto, podendo formalizarse tanto na páxina web do Concello www.ribeira.gal, dentro do apartado Aula CeMIT, coma nas propias instalacións situadas debaixo da escola infantil municipal, na rúa Cubeliños 1.
Por outra banda, a concelleira lembrou que a aula CeMIT está aberta para calquera persoa que queira facer consultas ou suxestións sobre aspectos relacionados coas novas tecnoloxías.
A aula CeMIT de Ribeira achega este verán dous novos cursos TIC para a rapazada
Compartir Este Artigo

