Certos fallos de seguridade da Nintendo Switch permitiron que a consola puidese modificarse para correr versións modificadas do seu firmware, o que supuxo a chegada da piratería, pero esa porta tamén abre oportunidades moi interesantes como a publicación dunha versión de Android 8.1 (LineageOS 15.1) capaz de funcionar na Switch tanto en modo portátil como conectada a un televisor.
Aínda estamos ante unha versión un tanto verde de Android, pero dado que a consola de Nintendo está baseada nunha nVIDIA Shield, incluso permite que se identifique como unha máquina nVIDIA Shield TV, permitindo así o acceso a xogos exclusivos para máquinas con procesadores Tegra como Borderlands 2, Portal, Contrast, Tomb Raider, Metal Gear Rising: Revengeance e Half-Life 2.
Temos así unha interesante posibilidade para quen queira experimentar coa súa Nintendo Switch, aínda que as modificacións das consolas normalmente supoñen un grande risco, pechando a porta a gozar dos futuros xogos para Switch, aínda que pode haber usuarios interesados en correr Android nunha Switch, e agora xa é unha realidade.
Conseguen facer correr Android na Nintendo Switch
Compartir Este Artigo
