Sae o número 3 de O Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Este último número busca ser un manual de utilidade para a xeografía do lecer barbanzán durante o verán, recollendo nas súas 16 páxinas as posibilidades turísticas e culturais dos concellos da comarca do Barbanza.
As páxinas da revista tamén recollen grandes proxectos destinados a mellorar os servizos que recibe a cidadanía ou iniciativas que porán en xogo novos xeitos de traballar e crear emprego no tecido económico local.
Este terceiro número da revista O Barbanza complétase cunha viaxe ao corazón da riqueza medioambiental da comarca, cun achegamento á riqueza cultural, natural e paisaxística da illa de Sálvora.
Novo número da revista O Barbanza
Compartir Este Artigo

