A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) inicia mañá a súa segunda operación especial do verán, que é o momento elixido para comezar a denunciar as infraccións da normativa de tráfico e seguridade viaria captados por drons. Este novo sistema de vixilancia empregarase prioritariamente en tramos coa maior accidentalidade, en estradas con maior tráfico de usuarios vulnerables (como ciclistas, motociclistas e peóns) e tamén para a monitorización e apoio en operacións e eventos especiais nos que se concentre un elevado número de movementos na estrada, así como para apoiar en situacións de emerxencia que afecten de xeito notable á circulación e á seguridade dos usuarios da vía.
Actualmente a DGT conta con 11 drons, 3 deles certifcados polo Centro Español de Metroloxía (CEM), que son os que comezarán a denunciar (mentres que os 8 restantes utilizaranse para a xestión do tráfico. Está en proceso de licitación a adquisición de 20 novos drons que tras a súa subministración e certificación incorporaranse a labores de vixilancia e control do tráfico.
As infraccións captadas por drons poderán notificarse no acto por un axente ou tramitarse posteriormente polas autoridades competentes, acompañándose sempre a denuncia polo fotograma correspondente que serve de evidencia da infracción cometida polo condutor.
A DGT comeza a utilizar drons para detectar infraccións
Compartir Este Artigo
